A Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego aclara que "non enviou ningún representante" a xuntanza da ALE, malia o publicado por diversos medios internacionais.
A Executiva Nacional do BNG desmentiu este domingo á tarde a información publicada por diversos medios internacionais, da que se fixo eco Vieiros, referente á sinatura dunha declaración en Escocia no encontro anual da Alianza Libre Europea (ALE).
Fontes nacionalistas afirmaron que o BNG "non enviou ningún representante a Edimburgo", e tampouco "a iniciativa foi debatida" polos órganos de decisión correspondentes.
A Declaración de Edimburgo propugna a colaboración cultural entre as nacións sen Estado da Unión Europea, así como tamén avoga por abrir un debate sobre as fronteiras europeas internas.
Máis información en BBC Scotland, icWales, VilaWeb, e EiTB.