Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tras 12 días de deliberación

Xa hai un novo 'papa negro'

Adolfo Nicolás, de nacionalidade española aínda que vive en Xapón, foi elixido novo superior da orde dos Xesuítas, en substitución do holandés Peter-Hans Kolvenbach.

Redacción - 16:35 19/01/2008
Tags: papa negro

O relixioso de nacionalidade española Adolfo Nicolás foi elixido este sábado en Roma novo superior xeral dos Xesuítas, tras a renuncia do holandés Peter-Hans Kolvenbach, quen estivo 24 anos á fronte da Compañía de Xesús.

Tras unha longa sesión, os 217 electores, reunidos desde o pasado 7 de xaneiro no súa XXXV Congregación Xeral, escolleron a Nicolás, quen vive en Xapón, como o seu novo superior.

Ao prepósito dos Xesuítas coñéceselle como o 'papa negro', debido ao grande poder que esta orde tivo sempre na igrexa católica e ao seu hábito de cor negra.


3,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: