Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A USC e a grupo Cidacom

Organizan o primeiro curso de xornalismo especializado no ambiente

Desenvolverase en Compostela, todos os sábados do 2 de febreiro ao 26 de abril.

Redacción - 10:00 19/01/2008

O Grupo de Investigación Cidadanía e Comunicación (Cidacom) en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) organizan o I Curso de Especialización Xornalística A información ambiental.

Este Curso de formación continua vai dirixido a profesionais da comunicación e estudantes de Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade e Relacións Públicas, mais está aberto o todos e todas os e as que queiran participar.

Entre os seus obxectivos principais están o de intentar que os/as alumnos/as se fagan coas chaves do xornalismo especializado, como a fundamentación e a metodoloxía, ademais de afondar nos coñecementos e estratexias necesarias para abordar a información ambiental.

A preinscrición remata o día 31 de xaneiro e toda a información está na web de Cidacom.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: