Tiña 64 anos de idade e levaba tempo padecendo unha grave enfermidade.
Bobby Fischer, en 2005 / Chris Lott
O campión mundial de xadrez de orixe estadounidense Bobby Fischer morreu esta sexta feira aos 64 anos de idade. Fischer, que se fixo famoso mundialmente por vencer o xadrecista soviético Boris Spassky en 1972, levaba un tempo cunha grave enfermidade.
O polémico deportista estaba perseguido por ter violado as sancións internacionais ao participar nunha partida na antiga Iugoslavia en 1992. Despois, foi moi criticado no seu país natal por ter apoiado os atentados do 11-S en Nova York. Despois de vivir moitos anos agachado no Xapón, concedéuselle a cidadanía islandesa en 2005. Alí, en Islandia, foi onde finou, protexido da deportación aos EUA.