Nunha regata desenvolvida en condicións extremas, os galegos seguen progresando aos poucos no seu Tornado.
Echávarri e Paz mantéñense quintos, sen perder posicións, nunha máis que complicada regata en augas de Sorrento (Australia).
Os australianos Bundock e Sabih, que xogan na casa, perfílanse como os gañadores desta proba, ao iren de primeiros a quince puntos dos seus perseguidores, os británicos McMillan e Howden, e os rusos Kirilyuk e Ushkov.
A primeira manga da xornada da quinta feira foi para os virtuais gañadores, Bundock e Sabih. Os galegos entraban na sexta posición. Durante a sesión, Echávarri e Paz foron gañando postos até chegar a ser terceiros na segunda manga do día. Por diante eles terminaban a regata Bundock e Sabih, e McMillan e Howden.
No seu blog Echávarri deixou un vídeo no que se ve a entrada dos galegos en Atenas 2004 ("o día que rompemos o vídeo e o GPS que nos deixara a organización", conta):