Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
XIV PREMIOS DE XORNALISMO GASTRONÓMICO

Unha reportaxe de DezTV sobre o cocido gaña o Álvaro Cunqueiro

'Zobra, 60 anos de cocido' recibirá o galardón o 25 de xaneiro xunto ao libro '50 receitas con filloas', o blog 'Diario do gourmet de provincias' e o xornalista Ignacio García Noriega.

Redacción - 19:21 17/01/2008

O xurado dos Premios de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro deu a coñecer os gañadores da XIV edición dos galardóns. Nunha gala que se vai celebrar o venres 25 de xaneiro entregaránselles cadansúa distinción á televisión Dez TV; ao libro 50 receitas con filloas, de Alvarellos Editora; ao xornalista Ignacio García Noriega, e ao blog Diario do gourmet de provincias e do can gastrónomo.

O premio ao mellor traballo xornalístico emitido en radios e televisións, dotado con 1.500 euros, recaeu na canle comarcal Dez TV, pola súa reportaxe Zobra, 60 anos de cocido, que saíu ao aire o 18 de novembro. Outros 1.000 euros foron para a mellor páxina web con contidos gastronómicos, polo traballo efectuado por Jorge Guitián Castromil durante os anos 2006 e 2007 no blog Diario do gourmet de provincias e do can gastrónomo.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O xurado do premio
O xurado do premio