Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Por unhas declaracións nos medios

NÓS-UP demanda por calumnias á Unión Federal de Gardas Civís

A UFGCs afirmara -en relación coa detención de tres independentistas- que a formación política estaba "disposta a atentar".

Redacción - 18:51 17/01/2008

NÓS-Unidade Popular (NÓS-UP) presentou este martes unha denuncia no xulgado de instrución nº 1 de Compostela contra a Unión Federal de Gardas Civís (UFGCs), "en defensa dos seus dereitos como legal e lexítima organización política galega", por un presunto delito de calumnias.

O pasado 15 de decembro, un día despois da detención de tres persoas que relacionaron con Resistência Galega, a UFGCs realizou unhas declaracións públicas onde afirmaba que a operación non debería rematar aí, xa que hai organizacións como AMI ou NÓS-UP que "están dispostas a atentar", aínda que "non teñen artellado un dispositivo conxunto".

A Dirección Nacional de NÓS-UP afirmou nun comunicado que con esta demanda pretenden "facer fronte á sistemática intoxicación promovida por instancias policiais e alimentada por algúns altofalantes mediáticos contra a actividade política da esquerda independentista galega".

Ademais, o responsábel de Organización da formación, Bruno Lopes Teixeiro, dixo que "non se descartan outro tipo de accións de protesta".


Documentos

4,81/5 (26 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: