O software controlará, mediante sensores, distintos parámetros do estado físico dos empregados para detectar situacións de estrés.
O interese das empresas por controlar a produtividade dos seus traballadores pode dar un paso adiante se ten éxito unha tecnoloxía que pretente patentar Microsoft. A empresa solicitou rexistrar un software que vixiará constantemente os empregados mentres se atopan diante do ordenador.
O sistema, segundo informa The Times, estará composto por uns sensores sen fíos que medirán o ritmo cardíaco, a presión sanguínea, a temperatura, os movementos e a expresión facial do traballador, e servirá para detectar a frustración ou o estrés do usuario e "ofrecer a axuda necesaria".
Grupos de liberdades civís xa amosaron o seu rexeitamento ao sistema, até agora só utilizado en pilotos ou en astronautas, e que supón "unha intrusión en todos os aspectos da vida dos empregados", explicou Hugh Tomlison, avogado británico.
Segundo The Times, a Oficina de Patentes dos EUA confirmou a publicación da solicitude da patente, presentada hai xa un ano e medio, e que podería ser concedida dentro doutros doce meses