Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A Coruña Son

A música en galego busca novos artistas

O concurso seleccionará a dez compostitores que poderán gravar un disco conxunto con Santiago Auserón.

Redacción - 12:57 17/01/2008

O noso país conta cunha grande calidade musical, mais aínda queda moito por descubrir. O concello da Coruña aporta o seu graíño de area e está a preparar un concurso que ten como obxectivo promocionar os novos autores da canción en galego nos seus diferentes estilos. Para participar no A Coruña Son, os interesados poderán deixar as súas cancións, escritas en galego, dende o 18 de xaneiro até o 5 de marzo na súa web.

O concurso conta cun director técnico de luxo. O cantante de Radio Futura, Santiago Auserón, será o encargado de traballar cos autores das pezas gañadoras e como premio final gravarán un disco conxunto. A elección das dez cancións gañadoras será realizada polo público, que votará ás súas preferidas na páxina web, pero para acadar unha maior diversidade cultural, Auserón poderá seleccionar temas para o disco aínda que non estean entre os máis votados polo público.

O 10 de marzo é a data elixida para dar a coñecer aos dez finalistas, que serán elixidos por Santiago Auserón de entre os trinta máis votados polo público. E a partir de aí, comezarán a traballar no disco dende o 24 até o 27 do mesmo mes. A pesar de que o Concello aínda non ten pensado comercializar o o traballo discográfico, estará dispoñíbel na páxina web, de onde se poderán descargar os temas de forma gratuíta.


3,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: