Ademais do libro editado por Toxosoutos, Galaxia e Xerais publicarán oito obras máis dedicadas ao autor homenaxeado.
Galaxia vaise centrar moi especialmente na homenaxe a Álvarez Blázquez, coa edición de seis libros, catro deles do propio autor homenaxeado. Así, verá a luz a reedición de Canle Segredo, así como unha Antoloxía da Poesía Medieval e unha Antoloxía da Poesía dos Séculos Escuros. Tamén se editará un libro de contos do propio Álvarez Blázquez, A pega rabilonga e os ruíns. Ademais, a editorial publicará A vida e obra de Xosé María Álvarez Blázquez, de Carlos Bernárdez, e Memoria de Pai, un libro de memorias realizado polo seu fillo, Xosé María Álvarez Cáccamo.
Mentres, Xerais publicará dúas obras: Vida e obra de Xosé María Álvarez Blázquez, escrito por Darío Xohán Cabana e a reedición dun poemario do propio homenaxeado, Roseira do teu Mencer.