Moving Hearts actúan o sábado 19, mais até xuño tamén pasarán por este escenario grandes da canción como Ute Lemper, Tom Zé, ou a galega Uxía.
Comeza a quinta edición do festival Sons da Diversidade e desta vez faino con folk. Os irlandeses Moving Hearts, revolucionadores do folk dos 80, chegan agora a Compostela para interpretar ante o público galego os temas que cativaron a persoas de todo o mundo grazas á súa mestura da música tradicional irlandesa, jazz, rock ou funk.
O grupo formado por Christy Moore, Donal Lunny, Eoghan O'Neill, Brian Calnan, Davy Spillane e Keith Donalds, sentaron as bases dun potente son irlandés, valorado polas súas letras de explícito compromiso político e centradas especialmente na situación de Irlanda do Norte. Tras a súa separación, agora volven a tocar xuntos, e Compostela é unha das paradas nas que o “dream team” da música irlandesa fará para explotar as posibilidades do seu son único.
Aquí podemos ver un anaco do concerto que ofrecenron en Dublín: