A tenista Pontevedresa perdeu 9-7 contra a eslovena Srebotnik, cabeza de serie 27 do cadro feminino.
A galega non puido pasar á segunda rolda no Aberto de Australia (o primeiro torneo do Grand Slam da tempada), tras perder contra a eslovena Katarina Srebotnik por 4-6, 6-0 e 9-7. Domínguez tivo até catro puntos de partido na súa man e quedou a nada de poder vencer.
O potencial de Domínguez demostrouse no primeiro parcial, no que sorprendeu á eslovena, que era a favorita, ao poñerse nun 6-4. Mais no segunda parcial a galega parecía estar noutro lugar, e quedou case fóra de xogo cun contundente 6-0. No terceiro, pola contra, a Domínguez só lle faltou un punto para vivir unha xornada inesquecíbel.