Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"FORO NEGRO" O SÁBADO 19

Arredemo: novo pulo "á necesidade de gobernar o descontento"

Fronte ás agresións que cheguen "no social, no ambiental, no político e no cultural", relánzase a rede que se activa cando a situación require.

Redacción - 09:00 15/01/2008

Herdeiros da vizosa experiencia da Burla Negra, a Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo, renace con forza para axitar conciencias e propoñer respostas. Para o impulso desta nova etapa, e ao xeito do que se fixera hai xa máis de catro anos convócase o bautizado coma Foro Negro. Unha xuntanza que quere ser "punto de encontro, reflexión, debate e denuncia das outras tantas agresións que estamos a padecer no social, no ambiental, no político e no cultural".

Ese día agardamos coñecer as novas propostas de Arredemo, que no contexto de internet, prepara un multiblog de edición aberta, libre distribución e outros recursos ao servizo do tecido socio-cultural galego. Ao fío, convidan a participar a todo tipo de persoas e colectivos no mantemento do que quere ser un punto de encontro comunicativo "libre e independente".

E non por casualidade, a reunión será no Instituto Galego de Información, e a poucos días do afastamento definitivo de Isaac Díaz Pardo da dirección do grupo Sargadelos. A convocatoria é para este sábado 19. Durante o acto, vaise presentar o número cero do bautizado "Xornal Galicia", reflexión colectiva e análise da situación social e cultural do país.


4,58/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: