Os nacionalistas propoñen que todos os parlamentos autonómicos escollan todos os representantes da Cámara Alta española.
O Bloque centrará a súa campaña electoral de cara o 9 de marzo na consecución dun Estatuto de Nación para a vindeira lexislatura. Segundo un borrador programático ao que tivo acceso Europa Press, os nacionalistas galegos defenderán no Congreso español a necesidade dunha reforma profunda do Senado. O máis salientábel é que o Bloque pide que todos os senadores sexan elixidos polos diferentes parlamentos autonómicos do Estado.
No BNG tamén consideran prioritario que se modifique a composición do Tribunal Constitucional para rematar co “carácter centralista de moitas das súas decisións”. Os nacionalistas consideran que nun escenario de maiorías simples poden garantir que o texto estatutario que aprobe o Parlamento non vai ser recortado en Madrid.