Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CENTRADO NA INFORMACIÓN TURÍSTICA E VIAL

ViaMichelin abandona o desenvolvemento dos GPS

A filial do grupo de pneurnáticos renuncia ao sistema de navegación despois do seu fracaso no mercado europeo

Redacción - 17:37 14/01/2008

Os GPS ViaMichelin atoparan o éxito nos seus principios no 2005, volvéndose o segundo produto do mercado. Pero o éxito agora xa non é o mesmo en Europa, onde o neerlandés Tom-Tom controla un 50% do sector.

Así, ViaMichelin decidiu abandonar este campo de batalla: "Non desenvolveremos xa por nós mesmos novas gamas de GPS", anunciaba unha voceira.

A filial do grupo de pneurnáticos pensa agora explotar o seu sitio Internet, de gran popularidade, dispoñible en 11 linguas. Outra liña de desenvolvemento: o "subministro de información turística e tráfico".

O sector da navegación GPS está en plena consolidación coa recente adquisición da empresa neozelandesa Navman pola de Taiwán Mio, que ocupa o terceiro posto mundial, detrás da americana Garmin. Do mesmo modo, TomTom anunciou a finais de 2007 a adquisición do especialista neerlandés das tarxetas numéricas Tele Atlas, mentres que o rival deste último, o americano Navteq, vai ser adquirido polo xigante finlandés Nokia.

Sobre os 170 empregados de ViaMichelin, 60 persoas "moi altamente cualificadas" veranse afectadas por esta retirada. Serán recolocados dentro da compañía o abandonarán a empresa.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: