Pola contra, en Xinzo 'Matar por matar non' dificultou a batida, e os cazadores só levaron dúas pezas.
No Deza celebrábase o campionato provincial de caza, coa participación de case seis centos cazadores, que mataron un total de 39 raposos, antes de finalizar a xornada cun xantar multitudinario.
Tamén era xornada de caza na Limia, pero alí os cazadores tiveron menos sorte, e os raposos saíron case indemnes. A acción de 16 membros de Matar por matar non e Verdegaia dificultaron as batidas, espantándolles as posíbeis presas. Segundo 'Matar por matar non', a tarefa foi dura, debido á dispersión dos cazadores e á gran estensión de terreo ocupada.