Pode adaptarse a calquera alfabeto e configuración
Non posúe teclas físicas sobre as que hai que petar, senón que está dotado cunha superficie táctil constituída por unha pantalla Oled, a cal pode indicar toda clase de teclas, símbolos ou imaxes.
Así, é posible configurar un perfil para os xogos, para a montaxe vídeo ou para o retoque de imaxe, en cuxo caso pode servir de pantalla adxunta.
Concibido por Art Lebedev, o teclado Optimus Tactus ten un prezo que ronda os 400 euros.