O alto tribunal rexeitou na sexta feira amparar a De Juana Chaos por un artigo publicado no diario Gara polo que foi condenado a 3 anos de prisión.
Iñaki de Juana Chaos foi condenado a tres anos de prisión por un artigo de opinión publicado no diario Gara (no que aludía a cinco funcionarios de prisión e a un xuíz) ao considerar o Tribunal Supremo que o citado texto contiña "unha provocación violenta".
Naquela altura De Juana pediu amparo ao Tribunal Constitucional, mais na mañá da sexta feira foille negada. Nun auto (no que admite a demande de De Juana contra o Tribunal Supremo), o alto tribunal español consideraba que o artigo en cuestión "incitaba á violencia".