Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O himno español xa ten letra

"Viva España! Cantemos todos xuntos con distinta voz e un só corazón"

O xurado encargado polo COE e a SGAE elixiu o texto que lle pareceu máis adecuado entre as máis de 1.400 opcións seleccionadas, de 7.000 recibidas.

Redacción - 10:38 11/01/2008

O texto pensábase manter en segredo deica o 21 de xaneiro, o día en que estaba previsto que o tenor Plácido Domingo o interpretase na gala anual do Comité Olímpico Español (COE), mais unha filtración permitiu coñecer xa o resultado da iniciativa.

Promovida polo COE e mais a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), a letra para o himno español foi elixida entre as máis de 1.400 opcións seleccionadas -houbo unha primeira criba entre os máis de 7.000 textos recibidos.

O xurado entregará ao presidente do organismo olímpico, Alejandro Branco, o texto seleccionado o vindeiro luns na SGAE. Tras a interpretación de Domingo abrirase un período de recollida de firmas para propor que a letra do himno sexa aprobada polas Cortes como iniciativa lexislativa popular. Para iso débense recoller polo menos 500.000 firmas.

A letra do himno español:

Viva España!
Cantemos todos xuntos
con distinta voz
e un só corazón

Viva España!
desde os verdes vales
ao inmenso mar,
un himno de irmandade

Ama a Patria
pois sabe abrazar,
baixo o seu ceo azul,
pobos en liberdade

Gloria aos fillos
que á Historia dan
xustiza e grandeza
democracia e paz


Ligazóns

1,4/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: