Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
As construción de centrais estaba parada dende 1970

O goberno británico autoriza o regreso da enerxía nuclear

A decisión coincide coa reapertura do debate sobre a construción de novas centrais no Estado Español.

Redacción - 18:42 10/01/2008
A imaxe contra a enerxía nuclear

A imaxe contra a enerxía nuclear

"O Goberno considera que é do interese xeral que novas centrais nucleares teñan un papel na oferta enerxética futura do país, ao lado de outras enerxías con baixas emisións de dióxido de carbono, e que é do interese xeral permitir ás empresas investir en novas centrais nucleares", declarou aos deputados Hutton.

A nova construción de centrais nucleares, que o goberno británico asegurou van ser construídas nos predios onde xa existían vellas centrais deste tipo, vai axudar ao Reino Unido, segundo Hutton, a responder "ao duplo desafío de asegurar o seu abastecemento futuro de enerxía e loitar contra as alteracións climáticas", posto que, nas palabras de Hutton, a enerxía nuclear é unha "tecnoloxía baixa en carbono, testada e segura".

As novas centrais, que segundo o goberno producirían o 20% da enerxía que precisan os británicos, estarán terminadas en 2020, ao tempo que se pechan as vellas (que deberan estar xa clausuradas en 2023).

A decisión do goberno británico faise pública nun momento no que se está volvendo a cuestionar o emprego da enerxía nuclear por toda Europa, chegando mesmo o debate ao Estado Español, promovido por patronal e sindicatos.

Greenpeace non cre as palabras do goberno británico
O director executivo da organización ecoloxista internacional Greenpeace, John Sauven, dixo ter atopado unha "mentira no anuncio do goberno", segundo conta o diario The Guardian.

Segundo Salven, "foi a propia investigación dos ministros a que concluíu que nin con dez novos reactores o país poderá conseguir reducir as emisións de CO2 (superiores ao 4%) despois de 2025", e seguiu, "optar pola nuclear permite a políticos coma Gordon Brown (primeiro ministro británico) proxectar a impresión de que están a tomar decisións difíciles para resolver problemas difíciles cando, en verdade, non están a facer nada diso".

En 2003 o goberno británico declarou a enerxía nuclear como unha opción "moi pouco atractiva". Mais, dende aquela altura, os prezos do petróleo teñen aumentado e a campaña pola redución dos gases xeradores do efecto invernadoiro tamén se tornou máis intensa.

O re-boom nuclear
Francia ou Finlandia están a construír novas centrais nucleares e nos EUA son varias as empresas que comezaron a presentar as súas propias propostas para poder obter licenzas de apertura.

O mundo ten actualmente 442 reactores en funcionamento en 201 centrais nucleares, distribuídas por 31 países. A metade destes reactores están nos EUA (104), Francia (58) e Xapón (55). Segundo a empresa Areva, líder mundial do sector, aínda se deberan construír entre 100 e 300 novos reactores en todo o mundo até 2030.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Gordon Brown ten dito que a enerxía nuclear terá un papel no combate das alteracións climáticas
Gordon Brown ten dito que a enerxía nuclear terá un papel no combate das alteracións climáticas
A central de Cofrentes (Valencia). Entre febreiro e marzo sufriu 9 Incidentes á Seguridade Nuclear (ISN) / Flickr: Tonyç
A central de Cofrentes (Valencia). Entre febreiro e marzo sufriu 9 Incidentes á Seguridade Nuclear (ISN) / Flickr: Tonyç
A imaxe da "enerxía nuclear", subida ao seu Flickr por koertmichiels
A imaxe da "enerxía nuclear", subida ao seu Flickr por koertmichiels