Prestou declaración no Xulgado de Bergara para dar unha versión diferente á oficial.
Unha persoa que presenciou a detención de Igor Portu e Mattin Sarasola o pasado domingo asegura que durante os arrestos os presuntos membros de ETA non opuxeron resistencia. Segundo a testemuña, que declarou no Xulgado de Bergara, as detencións producíronse entre as 10 e 10.30 horas. Este cidadán afirma que cinco patrullas da Garda Civil dirixíronse a dous montañeiros que baixaban dun monte próximo. Logo de rexistrarlles as mochilas e atopar as pistolas foron esposados e introducidos nos vehículos.
A testemuña asegura que decidiu acudir á xustiza ao ver que nos medios de comunicación se afirmaba que un dos detidos resultara gravemente lesionado durante a detención, algo que este cidadán nega rotundamente.
Poden ver na edición dixital do Gara a noticia e a declaración íntegra da testemuña no xulgado.