Os galegos son dous dos vinte elixidos para optar a este galardón.
O triatleta Xavier Gómez Noya ou o palista David Cal poderían conseguir un dos premios máis prestixiosos do deporte a nivel estatal, na 60ª Gran Gala de Mundo Deportivo que se desenvolverá o vindeiro día 25 no Palau de Congresos, en Barcelona.
Este xa é o segundo ano consecutivo que o triatleta ferrolán é candidato a este premio, que desta vez conta con Jaime Lissavetzky, responsábel do Consello Superior Deportes, coma presidente. O xurado será quen teña que escoller dous nomes, o de un home e o de unha muller, que han substituír ao futbolista Carles Puyol e á piloto de trial Laia Sanz.
Noya e Cal deben competir con Toni Bou (trial), Marc Coma (motociclismo), Alberto Contador (ciclismo), Gervasio Deferr (ximnasia), Paquillo Fernández (atletismo), Jorge Lorenzo (motociclismo), Guillermo Molina (waterpolo), Rafa Nadal (tenis), Juan Carlos Navarro (baloncesto) e Rafa Trujillo (vela) por este galardón.