Os regatistas galegos conseguiron a terceira praza do podio na Regata Asian Pacific.
Echavarri e Paz no seu Tornado
Os galegos tiveron que se enfrontar a unhas non moi boas condicións das augas de Sommers (Australia), aínda que na cuarta feira, cun tempo máis estábel que o dos últimos días, comezaron remontando posicións. De feito, a súa embarcación conseguiu terminar primeira na proba inaugural da xornada.
Na segunda manga entraron terceiros e finalmente este foi o posto que acadaron na clasificación xeral. A proba serviulles a Paz e Echávarri para probar as súas forzas e mailo seu barco de cara ao vindeiro campionato do mundo.
Fernando Echávarri estrea web
Coa chegada do ano olímpico, Fernando Echávarri creou unha web na que se pode seguir a campaña deportiva do regatista galego e máis do seu compañeiro Antón Paz. Echávarri e Paz xa conseguiron o seu pasaporte olímpico e nesta nova web vaise poder saber dos seus progresos, das competicións ás que se presentan, alén de poder descargar imaxes e vídeos, ademais de ler o blog no que van ir anotando as súas impresións conforme avanza o ano e nos achegamos a Beixín 2008.