Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SEGUNDO O PRESIDENTE DE INTEL

A internet será persoal dentro de cinco anos

Paul Otellini anuncia unha redución de tamaño dos chips, que permitirán que os dispositivos móbiles teñan a potencia dos ordenadores.

Redacción - 12:42 08/01/2008

O presidente da empresa electrónica Intel, Paul Otellini, fixo a súa predición para o futuro inmediato da Internet. Segundo el, os dispositivos móbiles farán que a rede se converta en algo persoal nun prazo de cinco anos. Eses novos trebellos empregarán chips coa potencia que hoxe teñen os ordenadores de escritorio.

Nunha conferencia que deu na Mostra de Electrónica de Consumo de Las Vegas, Otellini avogou polo uso de aparellos móbiles para obter datos da rede en tempo real. Segundo el, os dispositivos accederán mediante sistemas sen fíos como Wimax: "En vez de ir á Internet, a Internet virá a nós".

Deste xeito, insistiu na necesidade de contar cunha infraestrutura de banda larga sen fíos en todas partes, que cubra todo o planeta. Intel apoiará o sistema Wimax, fronte a outras tecnoloxías competidoras, como LTE ou HSDPA. A visión de futuro de Otellini precisará "procesadores máis potentes e que consuman menos", para o que son precisos avances no desenvolvemento dos chips.

En declaracións á BBC, o presidente de Intel confiou en que a súa empresa debe liderar ese avance tecnolóxico, e anunciou para finais de ano a saída de máquinas un 25% máis pequenas que usarán eses novos chips.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: