Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
GUERRA DE FORMATOS

A Warner sacará as súas producións só en Blu-Ray

O xigante audiovisual deixará de empregar o HD DVD a partir de maio, co que a balanza se pon do lado do disco de alta definición impulsado por Sony.

Redacción - 12:31 07/01/2008

A guerra entre os dous formatos que están chamados a suceder ao DVD, o HD DVD e o Blu-Ray parece que se está a decantar por este último. Ao contrario do que acontecera entre o Beta e o VHS para vídeo analóxico doméstico, desta volta sería o formato impulsado por Sony o chamado a acadar a hexemonía. A decisión da Warner Bros de sacar os seus produtos só en Blu-Ray pode ser decisiva.

O líder de vendas de DVD de Hollywood, que até agora vendía as súas producións nos dous formatos rivais, anunciou o venres que abandonará o HD DVD de Toshiba en favor do Blu-Ray de Sony para os seus vídeos de alta definición.

Até agora, Fox, Disney, Sony, Blockbuster, Panasonic e Samsung formaban parte das compañías que apoiaban o Blu-Ray. Do outro lado están Paramount, Universal, Dreamworks, Microsoft e Intel. No entanto, Warner Bros. anunciou que seguirá a sacar filmes en HD DVD até o mes de maio.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: