Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Proposta unitaria

Galeuscat xuntará forzas á volta das xerais para "o recoñecemento do Estado plurinacional"

Novos azos para a coordinación de nacionalistas galegos, vascos e cataláns, que en opinión de Anxo Quintana, poderían decidir "quen é o próximo presidente do goberno español".

Redacción - 09:30 06/01/2008

"Independentemente das diferencias e intereses de cada partido, as forzas políticas de Galeuscat acudirán ás vindeiras eleccións xerais cunha proposta conxunta: a necesidade de que o Estado español recoñeza e asuma a súa realidade plurinacional". Subliñouno o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, durante a súa intervención este sábado en Rianxo, durante o acto organizado polo BNG en lembranza do 58º cabodano do pasamento de Castelao.

"A lexitimidade do novo Goberno non repousará só nunha ampla maioría parlamentaria na que Galeuscat será decisiva, senón tamén na súa capacidade para concertar as súas estratexias cos autogobernos nacionais de Cataluña, Euskadi e Galiza", dixo o líder do Bloque. De paso, e parafraseando un coñecido anuncio publicitario, afirmou Quintana que "chegou a hora de que ademais de vivir como galegos e galegas, tamén votemos como galegos".

Nese sentido, comparou a actividade dos deputados e senadores galegos de PSOE e PP, na súa opinión "entregados aos gobernos amigos de quenda na Moncloa" coa actividade dos representantes do BNG, dos que defendeu seren os que teñen "un único compromiso aquí e en Madrid: a defensa dos intereses de Galiza e a aposta polo noso autogoberno".


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: