Belixerante ataque ao PSOE e chamadas á reflexión da esquerda "abertzale".
"Entraron [á mesa de negociación] con obxectivos malintencionados e non tivo recorrido", sosteñen os voceiros da ETA, "Desde entón e tal e como proclamaron repetidas veces, volven manter a aposta pola política baseada na represión", analizan. "Zapatero fixo unha elección, unha elección equivocada, porque isto anuncia longos anos de conflito por parte do Estado español", din.
Destaca ademais da longa conversa dos xornalistas do diario Gara cos membros da ETA a reflexión sobre o futuro da esquerda abertzale. Preguntados polos cambios de actitude que se observarían nese ámbito político, os responsábeis da ETA subliñan: "non o valoramos así". A continuación insinúan unha chamada aos líderes políticos da esquerda abertzale a non abriren fendas na estratexia de "loita pola independencia". "Correspóndelle á esquerda abertzale facer esa reflexión e estamos seguros de que a fará con éxito", sinalan. "A ETA chama a todos os cidadáns a involucrárense no proceso de construción do Estado de Euskal Herria, dando en cada momento os pasos e as respostas correspondentes", engaden.
A entrevista completa en Gara: "Estamos convencidos de que todos temos sitio no proxecto de Estado vasco".