Un penalti na segunda parte e un gol posterior en tempo de desconto, frearon o soño pontevedrés de avanzar na Copa fronte a un Zaragoza con poucos méritos.
Ambición con sabor a primeira división este xoves no campo da Romareda e con protagonismo pontevedrés. Os da cidade do Lérez xa deran mostra do seu poder en Pasarón, de onde chegaban coa colleita dun gol a favor. E na súa visita a Zaragoza na procura dos oitavos de final da Copa, fronte a un equipo teoricamente moito máis forte e despois dun inicio frouxo, turraron con forza cara á portería en toda a primeira parte.
O traballo deu froito cando Ayala provocou un penalti que Igor aproveitou para furar a porta aragonesa: 1-0 e moita ilusión na bancada pontevedresa. Non foi até a segunda metade, cando outro penalti, desta volta favorábel ao Zaragoza, serviu para que Diego Milito fixese o empate: 1-1. Un tirapuxa no área rematou no 2-1 para os aragoneses a apenas dez minutos do final: 2-1, resultado que aínda garantía para o Pontevedra o pase á seguinte rolda. Xa en tempo de desconto, e en caótico contraataque, a cabeza de Sergio conseguiu para o Zaragoza o pase. Así, decepción final para o Pontevedra, malia o bo sabor deixado no campo.