A selección galega infantil masculina gañoulle a Cataluña na xornada inaugural deste campionato.
Comezou o Campionato Estatal de balonmán nas categorías infantil e cadete, que se está a disputar no IFEVI en Vigo. Galiza, na categoría infantil masculina, gañoulle a Cataluña (24-21). O equipo feminino xogou contra Andalucía, mais perdeu por 21-25.
Aínda así, Galiza comezou con bo pé o campionato, mais aínda teñen que xogar os equipos cadetes, masculinos e femininos.
Esta quinta feira tamén se inauguraron as xornadas de formación para adestradores e adestradoras na que participaron máis dun cento de persoas.