Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mes clave cara ás presidenciais

Clinton, Obama e Edwards, tres candidatos no sprint final á Casa Branca

Velaquí un guieiro na rede para seguir o proceso electoral estadounidense.

Redacción - 13:45 03/01/2008

Coas sondaxes prognosticando o éxito do Partido Demócrata nas próximas presidenciais dos EUA, Iowa parece ir ser escenario chave da loita. Este mércores rematou a campaña. Agora, realízanse as asembleas onde se votará o candidato dos partidos.

As enquisas ao respecto indican estreitas diferencias entre todos eles. No caso dos demócratas, un estudo encargado por Reuters sinala que Hlillary Clinton e Barack Obama aparecen destacados co 28% das preferencias, seguidos moi cerca por John Edwards, cun 26% dos apoios. Con todo, a enquisa encargada por un xornal local, Des Moines Register, fía máis polo miúdo os datos e prognostica a vitoria de Obama, co 32% dos votos, fronte ao respectivo 25 e 24% de Clinton e Edwards. O informe considera que Obama seduciu especialmente o electorado independente e prognostica que unha alta participación favorecería a súa candidatura.

No lado dos republicanos, a loita de Iowa semella non ir ser tan decisiva coma no bando demócrata. Así, un dos candidatos máis destacados, Rudolph Giuliani, ex alcalde de Nova York, non aparece entre os favoritos neste estado onde sabedor desa perspectiva realizou tamén unha pouco ambiciosa campaña. Con todo, si haberá pistas dos que poden destacarse a pé del, caso de Mike Huckabee, ex gobernador de Arkansas, ou Mitt Romney, ex gobernador de Massachussetts, os dous candidatos aos que a enquisa de Reuters lles outorga o papel de favoritos.

As webs oficiais dos candidatos do Partido Demócrata:




As webs oficiais dos candidatos do Partido Republicano:

Seguimento informativo especial:


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: