 
 
O voceiro socialista tamén salientou que "o Parlamento está a funcionar no control ao Executivo, que responde sen parangón con gobernos anteriores".
"Felizmente esa mensaxe non callou nin no seu propio grupo parlamentario nin na institución", dixo o voceiro do PSdeG no Parlamento, Ismael Rego, ao respecto do que na súa opinión foi o intento dos populares de trasladar a Galiza "a crispación vivida durante os últimos anos nas política estatal".   
  
  Así, na súa comparecencia diante da prensa este mércores, Rego destacou o clima de "entendemento" entre as forzas políticas con representación no Parlamento e reprochoulle ao líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, que teimase en introducir en Galiza esa estratexia da "crispación".   
  
  Rego destacou a "eficacia" do traballo realizado na Cámara os últimos doce meses e referiuse aos quince proxectos de lei aprobados. Iniciativas na súa opinión de "alto valor social, que garanten dereitos e melloran o autogoberno". Destacou por exemplo as leis sobre o Banco de Terras, o traballo en igualdade ou contra a violencia de xénero. Insistiu ademais en que "agora" todos os proxectos lexislativos "chegan coas máximas garantías de calidade".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto