Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O 2008, declarado pola ONU o Ano Internacional deste tubérculo

Feliz ano… da pataca!

Os 191 países da Asemblea Xeral da ONU déronlle ao 2008 o nome de Ano da Pataca. Así recoñecen o papel do tubérculo na erradicación da fame.

Redacción - 09:00 03/01/2008
Imaxe que ilustra o Ano da Pataca / A. Balaguer

Imaxe que ilustra o Ano da Pataca / A. Balaguer

O Ano da Pataca é este que acabamos de comezar, non aquel de hai 8.000 anos, cando comezou a se consumir este tubérculo no Altiplano Andino, ou aquel ano de hai cinco séculos, cando entraba en Europa para quitarnos a fame.

Aínda que as patacas veñen de Perú, Chile, Ecuador e Bolivia, a principal zona produtora xa non está en América, senón en países asiáticos e europeos. Case o 60% das patacas do mundo veñen da China, Rusia, Polonia, EUA, a India e Ucraína, segundo datos da FAO. Galiza tamén é unha importante produtora, mais dentro do Estado Español.

O ano da pataca tócalle ser ao acabado de estrear 2008, e a idea foi proposta polos expertos en alimentación da ONU, que consideran que o consumo desta raíz carnosa hase duplicar nas dúas vindeiras décadas de tal xeito que se van poder resolver moitos dos problemas de alimentación mundiais, chegando ao nivel doutros alimentos como o arroz, o trigo ou o millo (os tres produtos básicos de alimentación no planeta).


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Mapa do consumo de patacas no mundo
Mapa do consumo de patacas no mundo
O talo e mailas follas da pranta das patacas
O talo e mailas follas da pranta das patacas
A pataca, raíz da súa pranta
A pataca, raíz da súa pranta