O presidente Musharraf autoriza a chegada de axentes británicos para que acheguen datos de quen está detrás do atentado.
O presidente paquistaní, Pervez Musharraf, anunciou que o goberno británico vai enviar unha brigada de detectives para investigar quen está detrás do asasinato da ex primeira ministra, Benazir Bhutto. O cuestionado presidente de Paquistán intenta desmentir deste xeito o sentimento popular de que o seu executivo pode estar implicado no atentado.
Musharraf tamén se referiu á decisión de aprazar os comicios. A comisión electoral paquistaní anunciou tamén este mércores que as eleccións previstas para o día vanse adiar até o 18 de febreiro. O presidente, que en principio estaba a prol de continuar co calendario previsto, considera lóxica a decisión xa que as manifestación logo da morte de Bhutto deixaron estragos en todas as oficinas electorais. Porén, a comisión electoral matizou que a axitación política e social que deixou tras de si o atentado dificulta un proceso con garantías.