 
 
O voceiro socialista no Parlamento, Ismael Rego, destacou o "convite" á sociedade para "consolidar" o xa conseguido.
O voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia, Ismael Rego, destacou o contido social e o compromiso co medioambiente e a protección do territorio reflectidos no discurso do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. 
  
  Rego subliñou que as palabras do xefe do Executivo estiveron "moi próximas aos cidadáns e aos seus problemas", así como que realizaron un "claro convite" ao conxunto da sociedade para "afrontar os novos retos e consolidar o xa conseguido".   
  
  O voceiro socialista reivindicou que o presidente da Xunta aproveitou a mensaxe institucional para "compartir cos galegos o froito de todos os logros conseguidos", nos ámbitos do "traballo, dereitos dos cidadáns, atención aos dependentes, sanidade, educación, equilibrio territorial e modernización do tecido produtivo". 
  
  Por outra parte, e logo de coñecer a avaliación crítica do discurso realizada polo PPdeG, o secretario de Organización do PSdeG, Ricardo Varela, retrucoulle ao PPdeG que a "contundencia" dos datos  sitúa os populares coma "o único partido afastado da realidade" dos cidadáns galegos. Varela acusou o PPdeG de "seguir instalado na dinámica destrutiva".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto