Francisco Jorquera, coordenador da executiva do BNG, expresou en nome dos nacionalistas o "pesar" polo falecemento de Xosé Cuíña Crespo.
"Cuíña, á marxe das diferencias que o BNG tivo con el, era un político nato, unha persoa que acreditaba no autogoberno de Galiza e que defendía a existencia dunha dereita en Galiza con maior autonomía respecto da dirección de Madrid", destacou Jorquera ao respecto de Xosé Cuíña. O Bloque expresa así o seu pesar polo falecemento de quen na actualidade se mantiña na area política como deputado do Parlamento.