Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Segue a racha irmandiña

Os máis cativos gáñanlle a Braga por 1-0

O adestrador nacional da selección masculina sub-16, Gerardo Fernández, comenta o partido para Vieiros.

Redacción - 15:00 27/12/2007

Gerardo Fernández Pérez parecía coñecer ben o seu once, mais tamén o equipo rival: "planeamos un partido sabendo como son os portugueses, ben competitivos e agresivos. Son os mellores rivais para facer un adestramento serio, porque saben poñerte no teu sitio", comentou.En canto ao partido, Fernández salientou que ao comezo "preferimos xogar en largo, sen complicarnos a vida atrás". Xa no segundo tempo "cos cambios, chegamos máis arriba, veu o gol e tivemos máis ocasións de marcar".

O gol marcouno Juancar, xogador do Depor, e Álex ("que vai convocado coa selección española e que acaba de saír dunha lesión, polo que só xogou 20 minutos"), protagonizou dúas ocasións moi claras de gol. "O equipo non é o mesmo sen Álex", salientou Fernández.

O maior perigo tivérono os galegos no segundo tempo, "con un remate ao longueiro e até sete ocasións de gol", mais finalmente o marcador ficou 1-0, sendo a vitoria para o combinado nacional.

Valorando o seu equipo rival, Gerardo Fernández volveu referirse á selección de Braga como "moi competitiva e agresiva", "se nos rouban os balóns, nós imos detrás deles; se llelos roubamos nós, eles fan, automaticamente, falta. Están moi acostumados a competir a este nivel posto que son unha selección que viaxa moitísimo representando a Cámara Municipal de Braga. Son un rival a ter en conta".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: