Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O PRÉSTAMO APORTA ADEMAIS RENDABILIDADE SEN DESFACERSE DOS OBXECTOS

Non che gusta o teu agasallo de Nadal? Alúgallo ao mellor postor

Unha solución menos radical que a venda sobre sitios como eBay

Redacción - 13:50 27/12/2007

Para aqueles que recibiran no Nadal un obxecto co que non saben que facer, abonda con alugalos, por un ou máis días, ou incluso varias semanas. Unha solución menos radical que a venda sobre sitios como eBay, e que presenta a vantaxe de permitir ao arrendatario recuperar o seu ben, que poderá así ensinalo cando os que llo regalaron lle pregunten por el.

Especializado no aluguer de obxectos, o sitio Zilok, lanzado en outubro, tivo a idea de ofrecer este "servizo" para o período das festas. Na páxina de inicio pódese ler esta avaliación (que non cita fontes): "a metade dos agasallos de Nadal non corresponden ás espectativas dos que os reciben".

"Máis rendible"
O aluguer constitúe ademais unha nova fonte de ingresos, máis rendible cá venda sen separarse dos bens. No 2006, unha sondaxe realizado por conta de eBay revelaba que un 15% dos internautas, contra un 7% no 2005, revendían os seus agasallos de Nadal.

Este ano, unha nova sondaxe, sempre realizada para o mesmo sitio web de venda de obxectos de ocasión, afirma que un 36% dos usuarios "prevén" revender en liña os agasallos que recibiron. Segundo estatísticas avanzadas pola web, pezas de vestir e accesorios están na cabeza da lista dos obxectos máis revendidos, diante dos CD´s e dos DVD. Outro estudo, do 2006 para PriceMinister, outro lugar de venda de obxectos de ocasión, confirmaba que o feito de desfacerse en liña dos seus agasallos non era xa tabú: un 93% dos que xa o fixéran manifestábanse listos para reiniciar.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: