Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
SECUESTRADAS

Adiantan as negociacións para liberar dúas cooperantes en Somalia

Segundo a Chancelaría española, a policía somalí ten cercados os secuestradores e negocian con eles para a posta en liberdade das dúas mulleres: unha nutricionista arxentina e unha médica española.

Débora Campos - 10:40 29/12/2007

Dúas cooperantes médicas da ONG Médicos Sen Fronteiras (MSF), unha enfermeira arxentina e unha española, foron secuestradas na cidade somalí de Bosasso, informou o goberno de Somalia. A enfermeira arxentina chámase Pilar Bouza e integra un grupo de oito cooperantes que traballan nun proxecto de nutrición para desprazados somalís.

"Varios homes armados secuestraron hoxe dúas cooperantes de MSF, unha delas arxentina e a outra española, anunciou Abdirahman Mohamed Bangah, ministro de Información da rexión de Puntland, no norte de Somalia, segundo informou a axencia de noticias española Europa Press.

Cercados
"Seis homes armados bloquearon un minibús en que ían as cooperantes, quitáronlles os móbiles e ordenaron ao seu condutor e ao seu intérprete que se fosen", explicou pola súa banda Sahro Sheik Muse, unha muller que colabora con MSF na localidade onde ocorreu o secuestro. Segundo o voceiro da Chancelaría española, a policía ten cercados os secuestradores e negocian con eles a liberdade das dúas cooperantes.

Carlos Ugarte, responsábel das Relacións Exteriores de MSF dixo que "polo momento o único que se sabe é que unha médica española e unha enfermeira arxentina, que traballan nun proxecto de nutrición, atópanse desaparecidas". As dúas cooperantes forman parte dos oito expatriados que participan desde maio deste ano no proxecto de nutrición en Bossaso, na rexión de Puntland".

MSF España creou "unha célula de crise e estamos intentando contactar con Bossaso" para coñecer o ocorrido, agregou Ugarte.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: