Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DO 26 AO 30 DE DECEMBRO

Tempo de monicreques na Coruña

A Fundación María José Jove e o Fórum Metropolitano acollen sete compañías de títeres de todo o Estado, entre eles as galegas Cachirulo, Cascanueces e Viravolta.

Redacción - 18:42 26/12/2007

Os últimos días do ano na Coruña serán tempo de monicreques. Sete das máis recoñecidas compañías de títieres do EStado, entre elas tres galegas, representarán até o día 30 dez obras, dirixidas a rapaces a partir de catro anos. Entre as seleccionadas, Cachirulo (Compostela), Cascanueces (Compostela) e Viravolta (Lalín).

A entrada para as representacións da Fundación María José Jove será de balde, pero haberá que recoller previamente un convite na propia sede da Fundación. Mentres, a entrada no Fórum terá un custe de tres euros.

Programa:

Mércores 26
17.00 (Fundación María José Jove). Pinocho, el títere (Lluerna Teatre)
19.00 (Fórum Metropolitano). Ajá, Caperucita (Búho Teatro)

Xoves 27
17.00 (Fundación María José Jove). Somos amigos (Búho Teatro)
19.00 (Fórum Metropolitano). La sombra de Peter Pan (Lluerna Teatre)

Venres 28
17.00 (Fundación María José Jove). A catro patas (María Jesús Lillo)
19.00 (Fórum Metropolitano). Paxaro de lume (Viravolta Títeres)

Sábado 29
17.00 (Fundación María José Jove). Los tres cerditos (Teatro de Títeres Arbolé)
19.00 (Fórum Metropolitano). Lengua de trapo (María Jesús Lillo)

Domingo 30
17.00 (Fundación María José Jove). O gato simple (Títeres Cascanueces)
19.00 (Fórum Metropolitano). Do Re Mi Mozart, Xoga aquí (Títeres Cachirulo)


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: