Chegou unha recomendación a Vieiros... chamémoslle Camaróns á selección rival dos galegos este 27-D en Balaídos. Como o vedes?
Ao parecer o termo Camerún ou Cameroun (en español e francés, respectivamente), vén do portugués Camarões, que se refire aos crustáceos da orde dos decápodos, (mariños ou de auga doce) que, na altura na que os portugueses chegaron a África, pescaban por milleiros os habitantes daquela terra.
En 1472, o mariño portugués Fernão do Pó entrou coa súa embarcación a través do estuario do río Wouri, e abraiouse ao ver a abundancia destes pequenos crustáceos na auga que os envolvía; daquela chamoulle ao río que navegaban Río dos Camarões, e daí saíu o nome da República de Camerún, de Cameroun, ou dos Camaróns.
Na web d@s Siareir@s Galeg@s hai ben tempo que o rival da selección absoluta masculina é Camarons. Como o vedes vós?