Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
INMINENTE LIBERACIÓN DE TRES RETIDOS POLAS FARC-EP

Senadora Piedad Córdoba: "Estarei onde o presidente Chávez diga que deba estar"

A senadora colombiana Piedad Córdoba asegurou non ter coñecemento da data nin do lugar definido para a entrega dos reféns, "non sei se será aquí en Venezuela, en Brasil, Ecuador, ou na fronteira; non teño coñecemento diso".

Xurxo Martínez Crespo - 09:16 26/12/2007

En relación a se coñece o xeito no que se realizará a liberación dos secuestrados, a senadora expresou: "O único que teño claro, é que, como de costume, o presidente Chávez contribúe, colabora, apoia e pon toda a loxística ao servizo da entrega das persoas, improvisacións estou segura que non haberá", afirmou.

Declarou estar de visita en Venezuela para facerlle a entrega formal ao presidente Chávez da carta enviada polos congresistas estadounidenses, onde lle agradecen o seu xesto polo acordo humanitario.

Así mesmo, para soster conversacións co actor estadounidense Danny Glober e co embaixador venezuelano en Washington, Bernardo Álvarez, para organizar uns concertos que se realizarán no mes de xaneiro, a prol da liberación das persoas retidas polas Fuerzas Armadas de Liberación de Colombia - Ejército del Pueblo.

Hoxe mércores presidente Chávez informará sobre fórmula para liberación de retidos

As Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia - Ejército del Pueblo anunciaron fai unha semana que liberarían a tres reféns, entre eles un neno nado en cativerio, ao presidente Chávez, ou a quen este designe.

O presidente venezuelano, ofrecerá unha rolda de prensa este mércores 26 de decembro para falar sobre unha "fórmula para a liberación dos tres retidos" que as Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC) anunciou que liberaría.

"Estamos convocando para unha rolda de prensa do presidente o mércores no Salón Ayacucho do palacio presidencial de Miraflores, para tratar o tema da fórmula para a liberación dos 3 retidos", indicou á axencia de noticias francesa AFP o ministro do Poder Popular para a Comunicación e a Información , Willian Lara.


1/5 (2 votos)