O galardón ao mellor traballo xornalístico foi para Lois Pérez Leira e Mónica Lázaro por un traballo sobre o Che Guevara.
O Concello de Bueu deu a coñecer esta fin de semana o fallo do XI Premio de Poesía Johán Carballeira. O galardón foi para a obra 'O xeito de Freud. Transferencias da realidade' de Carlos Lema, director de edicións de Galaxia. O xurado, composto por Miro Villar, Antía Otero e Paco Souto, salientou a “solidez” do traballo e “riqueza que estabelece no diálogo intercultural e intertextual co discurso contemporáneo”.
Tamén se fallou o premio Johan Carballeira de xornalismo, que foi para Lois Pérez Leira e Mónica Lázaro por un artigo publicado na web da CIG e que levaba por título “A miña nai era a aia do Che Guevara”.
Os premios, dotados cada un de 1.500 euros, entregaranse o vindeiro día 29 de decembro, ás 12 horas, no consistorio de Bueu.