Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PRESENTACIÓN EN VIGO

O Museo do Mar quere ser un referente para toda Europa

Anxo Quintana e Ánxela Bugallo presentaron o proxecto e visitaron as instalacións, que estarán abertas ao público a partir deste sábado 22.

Redacción - 17:51 21/12/2007

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, destacou na súa intervención que Vigo e o Museo do Mar constituirán un referente na cultura marítima da fachada atlántica europea. Ademais, dixo, "estamos convencidos de que a ría de Vigo ten un enorme potencial turístico-cultural no que estamos a traballar" e citou os proxectos da Consellaría de ampliación do Museo Massó de Bueu, o comezo en 2008 dunha programación estable na Illa de San Simón e a propia reapertura do Museo do Mar. "Sei que o eixo que conforman estes tres proxectos suporá un forte impulso para esta cidade", afirmou.

Pola súa banda, Anxo Quintana enmarcou o novo Museo do Mar nunha "aposta museística de país" que parte da cooperación esixente e intelixente para expandir o autogoberno de Galiza na xestión do seu patrimonio cultural. Por este camiño, lembrou que o Sistema Galego de Museos se verá substancialmente enriquecido coa inclusión de seis museos e máis un conxunto etnográfico como resultado directo do traspaso da titularidade dos arquivos e museos do Estado a Galiza tras a reunión mantida polo propio vicepresidente da Xunta co presidente do Goberno a semana pasada en Madrid.

Mostra permanente e tres exposicións máis en 2008

A exposición permanente consta de tres bloques temáticos: un primeiro dedicado á historia marítima de Galiza; outro no que se explican os fundamentos da oceanografía mundial; e un último constituído polo acuario, que reproduce os hábitats mariños da ría de Vigo. Paralelamente á exposición permanente, haberá mostras temporais e adiantou as que se exhibirán en 2008: Onde o mundo se chama Terranova, sobre a captura do bacallau; outra sobre o mar na arte contemporánea; e unha última etnográfica sobre o mundo da pesca.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Anxo Quintana, Ánxela Bugallo, e Pablo Carrera, director do Museo, visitaron as instalacións
Anxo Quintana, Ánxela Bugallo, e Pablo Carrera, director do Museo, visitaron as instalacións