 
 
A coordinadora nacional de Esquerda Unida afirma que se está a facer un "bo traballo" por "retomar algo que xa funcionaba durante a República".
Un nome: "Non me gustan os nomes militaristas. Os Irmandiños é o meu favorito, aínda que tamén está moi ben o de Estrellas de Jalisia".  
  
Un prognóstico: "Eu quero que gañen por riba de todo. Voume concentrar ese día para que así sexa ... Coido que gañaremos 1-0 tanto na masculina como na feminina".  
  
A Selección: "Estou satisfeita co esforzo que se está a realizar para recuperar algo que xa funcionaba durante a República. Estase a facer un bo traballo, aínda que lentamente, para pór en valor o noso deporte".   
  
Ano vindeiro: "Estaría encantada de que a Selección galega xogase en Ferrol o ano que vén. A nosa cidade é a gran esquecida do noso país, está moi abandonada, e un evento como este serviría tamén para erguerlle a autoestima a Ferrol, que a ten moi baixa".  
Un rival: "Gustaríame, máis que un país en concreto, que se xogase unha especie de campionato entre as diversas federacións do Estado, e tamén, por que non, un partido contra a selección española".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto