O 64% dos usuarios americanos entre 12 e 17 anos que utilizan internet participan alomenos nalgunha das múltiples maneiras de crear contidos na rede
Isto representa un 59% de todos os adolescentes segundo unha moi recente investigación do Pew Internet and American LIFE Project.
O 39% puxeron en liña a súa propia creación artística (fotografías, historias, vídeos); o 33% crearon páxinas para outros ou para grupos aos cales pertencen; o 28% teñen un blog (fronte ao 19% no 2004); o 27% teñen a súa propia páxina en Internet; o 26% mesturan e refán o contido atopado na rede con creacións propias.
Un 55% dos usuarios entre 12 e 17 anos que utilizan a rede crearon un perfil en MySpace, Facebook ou redes sociais similares. Entre as revelacións interesantes do estudo descóbrese que un 35% das rapazas neste grupo de idade teñen un blog fronte a soamente un 20% dos rapaces.
A conexión entre sitios de networking social e blogs é manifesta. Un 70% dos que participan das redes sociais len os blogs escritos por outros. E o 76% participaron como mínimo en forma de comentarios.
Esta investigación revela por outra banda que os rapaces soben á rede dúas veces máis vídeos que as rapazas (o 20% contra 10%). É a primeira vez que expoñía cuestións sobre este tema específico.
Poñer unha fotografía en liña é un dos mellores xeitos de empezar unha conversa. Nove de cada dez dos adolescentes consultados afirmaron ter recibido comentarios sobre as imaxes que puxeran en liña. A falta de interese polos correos confírmase: apenas o 14% envían diariamente mensaxes aos seus amigos.