Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
'PREGÚNTALLE A FINN'

O Goberno alemán lanza unha rede asegurada para os nenos

Para Angela Merkel, iso non deixa lugar a dúbidas: "os novos medios de comunicación son unha oportunidade extraordinaria para os nosos nenos"

Redacción - 11:48 21/12/2007

Medrando na RDA, a canciller alemana sabe que é a ausencia de liberdade. Pero en materia de Internet, e en canto aos internautas desde que moitos deles son menores, esta liberdade, considera Merkel, que debe supervisarse.

Tal é o obxectivo do proxecto gobernamental "unha rede para os nenos", lanzada a finais de novembro en Berlín e presentado polo seu promotor, o Ministro alemán de Cultura Bernd Neumann, como "se non existira en ningunha outra parte en Europa".

Realizado, en particular, en asociación co servidor de acceso a Internet AOL Deutschland, Microsoft e Google Deutschland, e financiado ata un máximo de 1,5 millón de euros ao ano polos Ministerios de Familia e Cultura, este programa quere protexer a nenos e a adolescentes dos perigos da Rede: sitios pornográficos, propaganda extremista, contactos dubidosos, imaxes violentas...

Para iso, os pais e os profesores poden descargar gratuitamente unha plataforma Internet asegurada chamada Fragfinn (pregunta a Finn), e instalalo como motor de busca.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: