O dianteiro do Real Mallorca vai estar entre tres e catro meses de baixa, logo de pasar polo quirófano este martes.
O dianteiro internacional, Achille Webo, non vai estar en Balaídos
A noticia xa é oficial: Achille Webo non participará na Copa de África (CAN) e, tampouco, no partido do 27 de decembro contra Galiza.
Este martes o internacional camerunés, que xoga no Real Mallorca, pasou polo quirófano, en Barcelona. Webo foi operado do quinto metatarso do pé dereito debido a unha rotura aguda. O dianteiro vai estar, xa que logo, entre tres e catro meses de baixa.
O segundo máximo goleador dos 'Leóns indomábeis' nas eliminatorias de clasificación para a CAN, é o primeiro gran ausente para a cita ganesa de 2008.
"Unha mala noticia para o novo equipo directivo técnico que o convocou para xogar en partido amigábel co equipo nacional de Camerún co seu homólogo de Galiza", segundo informan no portal CamFoot.