Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SELECCIÓN DE CAHIERS DU CINEMA

'Cousas do Kulechov' e 'Pó de estrelas', entre as mellores curtas do Estado

A revista destacou os traballos de Susana Rei e Alberte Pagán

Redacción - 10:02 19/12/2007

O número de decembro da edición española da Cahiers du Cinema inclúe un informe sobre as mellores curtametraxes do ano, que leva por título Cuando el cine pequeño se hace grande. Nesa escolma a revista incorpora dous traballos galegos: Cousas de Kulechov, de Susana Rei, e Pó de Estrelas, de Alberte Pagán.

Sobre Pó de Estrelas, os autores do informe, Carlos Reviriego e Gonzalo de Pedro, afirman que se trata de "un fascinante traballo de montaxe realizado exclusivamente con audios televisivos e fotografías extraídas da prensa diaria. Na liña das mellores montaxes verticais de Chris Marker, pero prescindindo do comentario, as imaxes e os sons".

En canto a Cousas de Kulechov, os críticos destacan que se trata de "un curioso exercicio que desmonta o o que ves é o que hai que promulgan os informativos".


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



'Cousas de Kulechov' amosa, con imaxes reais, unha Galiza invadida por unha potencia estranxeira
'Cousas de Kulechov' amosa, con imaxes reais, unha Galiza invadida por unha potencia estranxeira
Alberte Pagán, autor de 'Pó de Estrelas', declárase admirador dos traballos experimentais de Andy Warhol
Alberte Pagán, autor de 'Pó de Estrelas', declárase admirador dos traballos experimentais de Andy Warhol