Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Aniversario do bautizo

Dez anos desde que as bitácoras se fixeron "weblogs"

Existía a ferramenta, pero había que bautizala. Esta semana faise unha década desde que a Jorn Barger lle deu a cabeciña na palabra "weblog".

Redacción - 12:15 18/12/2007

Con 70 millóns de bitácoras producidas, segundo o reconto de Technorati, e cando menos dous milleiros delas con orixe galega e relativamente actualizadas, miren no reconto de Blogaliza, este 17 de decembro fixéronse dez anos desde o bautizo do que daquela foi unha novidasa ferramenta tecnolóxica. A Jon Barger, autor do espazo Robot Wisdom, atribúeselle a orixe da definición.

A revista Wired recolleu recentemente un interesante artigo do propio Barger con dez consellos para novos blogueiros. Entre as súas chamadas ao intercambio de ligazóns e fluxo de información na rede, unha recomenda: "se lle adicas un pouco de tempo a mirar antes de escribir, seguro que atopas a mesma idea mellor argumentada por alguén antes de agora".

Por outra paret, se vostede aínda non ten o seu weblog, velaquí as ferramentas en galego das que pode botar man para arranxar un xeitoso nun par de minutos: Blogaliza, Blogoteca e Nireblog.

E máis aínda, se quere vostede que a súa bitácora apareza referenciada na pestana de Vieiros que ofrece o último do blogomillo, pode enviarnos a ligazón a redaccion (arroba) vieiros. com.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: