Tin Baz xoga na casa. O Centro Cultural da 
Guarda acolle a presentación do primeiro álbum do cantautor, nun concerto que comezará ás oito da tarde. 
Cinsa Namorada foi gravado durante os meses de setembro e outubro nos estudios
 Casa de Tolos de Gondomar e é editado pola discográfica 
Pai Música; o traballo é dirixido musicalmente polo experimentado Moisés Quintas. No álbum Tino Baz apoiouse nunha multitude de instrumentos,  dende a zanfoña, o pandeiro, as cunchas e o bombo, pasando por gaitas, frautas, percusión,  e mesmo violíns, teclados ou acordeóns.
A canción que abre o disco e que lle dá nome é un poema de Marica Campo que o cantautor interpreta canda á súa irmá: "sexa a morte / xa que é prezo da vida / sexa a cinsa / xa que é herdo do lume". No álbum destacan outras pezas, como 
Xuliva e 
Arminda, dedicadas a dúas coñecidas mulleres da Guarda.